Marín celebra as Festas do Carme cunha semana repleta de actividades
Por Diego Torrado
Marín está de celebración coas Festas do Carme, que ao longo desta semana, ata o 19 de xullo, ofrecen unha ampla programación de actividades que este sábado arrancaban coa lectura do pregón a cargo da escritora Elena Gallego na Alameda para dar paso ao Festival de Bandas Airiños de San Xulián, un evento seguido por numerosos cidadáns.
A festa continuou no Parque Eguren co concerto de Los Secretos, precedidos polo Grupo Chroma. Los Secretos, un dos grupos referente da "movida" madrileña, realizou un repaso do mellor da súa discografía.
Este domingo haberá pasarrúas e actuación dos Chaneiros a partir das 12.00 horas por diferentes espazos da vila. A partir das 18.00 horas, celebrarase o IV Memorial Antonio Fernández, un concurso tradicional de Cuartetos que se celebra na Alameda. Unha das propostas máis rechamantes destas festas chega ás 22.00 horas coa Batalla de Flores Nocturna que dará paso á verbena coa orquestra grande Parada, que se celebra na Praza de España.
O luns, as actividades continúan con numerosos xogos nunha nova edición de Vén Brincar no Parque Eguren con tobogáns multiobstáculos, unha pista americana e un fútbol de mesa humano. A partir das 21.00 horas, o protagonismo será para a Coral Lembranzas e a Banda de Música do Ateneno Santa Cecilia que ofrecerán un concerto na Alameda. Á súa finalización, ás 23.00 horas, a orquestra Xerusalén amenizará a verbena na Praza de España.
O programa continuará durante os seguintes días con numerosos actos que culminarán o domingo 19 co Festival Folclórico de Airiños de San Xulián.
Relacionadas:
-
O goberno local de Marín, satisfeito polos desenrolo das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Marín pecha a semana grande das Festas do Carme
Por Diego Torrado |
-
Catro cuartetos abrirán o domingo o IV Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros
Por Redacción |
-
As Festas do Carme quentan motores cunha concorrida concentración moteira
Por Redacción |
-
Búscanse nenos para participar nas carrozas da batalla de flores nocturna
Por Oskar Viéitez |