Marín pecha a semana grande das Festas do Carme
Por Diego Torrado
A semana grande das Festas do Carme de Marín chega este domingo ao seu fin con son folclórico e moi bo sabor de boca polo vivido os últimos días. O broche final poñerao, a partir das 20.30 horas, o Festival Folclórico Airiños de San Xulián, que se celebrará na Alameda Rosalía de Castro.
Ese broche final terá un son moi similar a un dos actos centrais deste sábado 18, un día de intensa actividade na vila marinense no que a banda de gaitas Os Chaneiros pechou a cuarta edición do Memorial Antonio Fernández. O festival comezou o domingo 12 de xullo co concurso tradicional de cuartetos e rematou este sábado co seu festival de música e baile.
Os grupos participantes déronse cita ás 20.00 horas diante do Concello de Marín e, tras un pequeno pasarúas ata a Alameda Rosalía de Castro, ás 20.30 remataron a súa homenaxe anual á música tradicional e a cultura galega.
A xornada deste sábado empezara cun talante máis deportivo que musical, pero igualmente festivo, co XXXIII Trofeo Virxe do Carme de Ciclismo organizado polo Club Ciclista de Marín e pertencente ao Campionato Galego de Ruta de Fondo por Estrada. A entrega do premio Pinta Marín de 'Céltiga Galicia', os inchables instalados con motivo das Festas do Carme de Seixo e a verbena nocturna da orquestra Acirema nesa parroquia completaron os actos da xornada.
Relacionadas:
-
O goberno local de Marín, satisfeito polos desenrolo das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Marín celebra as Festas do Carme cunha semana repleta de actividades
Por Diego Torrado |
-
Catro cuartetos abrirán o domingo o IV Memorial Antonio Fernández dos Chaneiros
Por Redacción |
-
As Festas do Carme quentan motores cunha concorrida concentración moteira
Por Redacción |