Suspendido o Surfing the Lérez ante a previsión de mal tempo; outubro, data máis probable
Por Redacción
Parece mentira que, coa calor que pasamos estes días, teñamos que volver a falar de chuvia e mal tempo. Pero así será. Meteogalicia apunta que a inestabilidade regresará ás Rías Baixas a partir do venres e o sábado augura que será cando máis choverá. Ese era o día reservado para o festival Surfing the Lérez. E dicimos era porque, ante esta previsión, os seus organizadores anuncian a súa suspensión.
Nun comunicado remitido aos medios, a organización do festival confirma o seu aprazamento. Aseguran que están a traballar para poder organizalo en outubro, coincidindo coa ponte festiva do Pilar. Están a manter xa conversas co Concello de Pontevedra e coas bandas que estaban confirmadas para que podan estar nesta nova data e manter o mesmo cartel.
Este Surfing the Lérez tiña previsto contar coas actuacións de Lost Acapulco, Guadalupe Plata, Wyoming & Los Insolventes, Los Motores, Ángel Stanich, Sugar Mountain, The Grave Dolls, Julián Maeso, Pasajero, Última Experiencia e A Banda do Terror.
Precisamente, os mexicanos Lost Acapulco, que están de xira polo noso país, manterán a súa actuación en Pontevedra para este sábado 14 de xuño, pero cambiará a Illa das Esculturas pola Sala Karma. Estarán acompañados polos pontevedreses The Grave Dolls e A Banda do Terror.
Será un concerto de pago, xa que a sala non pode asumir o gasto elevado que supón esta actuación. Custará oito euros por anticipado e dez na billeteira.
Relacionadas:
-
Este sábado chega a romaría do rock and roll á Illa das Esculturas da man do festival Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
Os irlandeses Delorentos actuarán no Surfing The Lérez
Por Diego Espiño |
-
O Surfing The Lérez xa ten nova data: o 26 de setembro
Por Redacción |
-
Recuperen os paraugas! As chuvias serán as protagonistas da fin de semana
Por Redacción |
-
Cancelan a carreira de parrulos de goma do Surfing the Lérez ante as críticas polos danos ambientais
Por Redacción |
-
500 parrulos de goma baixarán polo río no Surfing the Lérez máis divertido
Por Redacción |
-
Wyoming & Los Insolventes, Los Motores e Guadalupe Plata, entre os participantes de Surfing the Lérez 2015
Por Redacción |