Wyoming & Los Insolventes, Los Motores e Guadalupe Plata, entre os participantes de Surfing the Lérez 2015
Por Redacción
O festival Surfing the Lérez 2015 xa conta con cartel para esta edición que se vai celebrar o 13 de xuño na Illa das Esculturas cun cartel que conta con algunhas das bandas indies máis relevantes do panorama musical actual, ademais da presenza de grupos xa con larga traxectoria como Los Motores ou os pontevedreses Sugar Mountain.
A gran estrela desta edición será o Gran Wyoming ao fronte de Los Insolventes. Durante esta xornada tamén subirán ao escenario Lost Acapulco, Guadalupe Plata, Angel Stanich, The Grave Dolls, Julián Maeso, A banda do Terror, Pasajero, Última experiencia, Charli_É dj??? e Sr Fiuza.
Aínda non se estableceron os horarios de actuación de cada un dos grupos. Na contorna do río Lérez realizaranse tamén obradoiros e xogos populares para os nenos, gastronomía galega, actuacións de Cantos de taberna, mercado de produtos típicos e outras novidades que está a ser ultimando a organización.
Previamente El pequeño Karma acollerá a actuación de Luis Moro o 4 de xuño e a Sala Karma contará coas actuacións de Gold & Colt o 5 de xuño y de The Trunks o 7 do mesmo mes.
Relacionadas:
-
Suspendido o Surfing the Lérez ante a previsión de mal tempo; outubro, data máis probable
Por Redacción |
-
Cancelan a carreira de parrulos de goma do Surfing the Lérez ante as críticas polos danos ambientais
Por Redacción |
-
500 parrulos de goma baixarán polo río no Surfing the Lérez máis divertido
Por Redacción |
-
Dúas toneladas de alimentos e produtos básicos para Redeaxuda, grazas ao público de Surfing the Lerez
Por Redacción |
-
O Surfing the Lérez, o festival máis familiar e solidario
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |