Investimento de 160.000 euros para ampliar o Punto Limpo de Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54807afb47-916_punto.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/13c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/655e1ff496-crucero-altin.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo ampliará e mellorará o Punto Limpo municipal cun investimento de case 160.000 euros. O custo financiarase con fondos propios e unha subvención europea do Plan de Recuperación Next Generation.
A obra sairá a licitación proximamente e o prazo de execución é de oito meses.
O proxecto recolle a cuberta para a zona de almacenamento de residuos cuxa exposición ao sol e á auga teñen efectos prexudiciais para a súa reciclaxe e valorización. En particular residuos de aparellos eléctricos e electrónicos como pilas, téxtiles, vernices e outros residuos perigosos.
Así mesmo, procederase á compra de contedores para as distintas fraccións de residuos que permitirán unha recollida separada das fraccións de téxtiles e residuos domésticos perigosos.
As obras para realizar consisten na realización da cuberta de contedores, así como a mellora das instalacións de saneamento, electricidade e fontanería do punto limpo. Ademais, realizarase a compra de novos contedores e un computador para o control do funcionamento do punto limpo. A actuación contará con materiais e equipos que contan coa categoría de verde ou ecolóxica.
CRUCEIRO DE ALTÍN
Poñer en valor a contorna do cruceiro de Altín en Noalla e mellorar a seguridade son dúas dos obxectivos que se persegue coa actuación realizada polos operarios da Concellería de Obras e Servizos, dirixida por Yago Torres.
Durante estes días, procedeuse á limpeza da pedra e a substitución de plaquetas rotas da pequena praza situada entre dúas cruces e que é un punto de encontro de veciños. Nos próximos días substituirase o encintado gris por un natural, máis acorde coa contorna, e colocarase unha varanda de aceiro lacado para evitar caídas e mellorar a seguridade.
Ademáis, operarios municipais están a realizar a limpeza de cunetas, concretamente desde A Costiña ata A Revolta, para evitar as inundacións cando volvan as choivas. Colocaranse tres puntos de luz para mellorar a seguridade na zona.
Relacionadas:
-
Avanza a construción da nova nave de almacenamento de residuos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Aprobada a adhesión de Sanxenxo ao programa de reciclaxe a través da planta de Sogama en Vilanova
Por Redacción |
-
Recollen 900 quilos de residuos electrónicos na campaña promovida no campus
Por Redacción |
-
Sanxenxo reforzará a vixilancia para acabar coas verteduras incontroladas
Por Redacción |
-
Bandeira Verde para Sanxenxo pola súa protección da paisaxe e do medio ambiente
Por Redacción |