Ofrecen un curso para aprender a elaborar cervexa artesanal
Por Redacción
O Centro Asociado da UNED en Pontevedra segue ampliando a súa oferta de cursos coa posta en marcha dunha iniciativa formativa relacionada coa elaboración da cervexa artesanal.
O curso desenvolverase entre o 27 de novembro e o 8 de abril, de 19 a 21 horas, e está destinado a explicar o proceso produtivo da cervexa, desde as materias primas á cata, pasando pola elaboración e o envasado, tratando todos os aspectos relacionados con esta bebida tan popular.
Esta acción formativa da UNED, que ten un custo por alumno de 60 euros, está dirixida por Bernardo Ordás López, biólogo, investigador do CSIC e profesor-titor do Centro Asociado á UNED en Pontevedra e estará coordinada por Rafael Cotelo Pazos, coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra. Intervirá como relator Lois Alfaya González, enxeñeiro técnico industrial en Química Industrial, máster en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria.
O curso está especialmente dirixido ao público en xeral, estudantes de ámbitos da industria alimentaria, sector hostaleiro e traballadores da industria alimentaria, tanto en produción como distribución.
PROGRAMA
O curso comezará o luns 27 de novembro ás 19 horas e na primeira xornada farase unha pequena introdución sobre os obxectivos e metodoloxía que se vai a seguir onde as materias primas terán unha importancia especial destacando a auga, os cereais, o lúpulo e o fermento. Todos eles forman parte do primeiro bloque.
O segundo bloque que abodará este curso centrarase nos procesos produtivos de elaboración de cervexa, o malteado e a moenda, maceración e cocción. Tamén analizará o arrefriado e aireación, fermentación e maduración e a elaboración da cervexa en máquina Braumeister de 20 litros.
Tamén se coñecerá por parte dos asistentes ao curso deseños de receitas, a tecnoloxía da cervexa, a importancia do equipo de produción, o seguimento do proceso e o aconcidionamiento e envasado.
No bloque 3 tratarase a historia da cervexa, o modelo de negocio e a introdución á cata, o tipo de cervexa, os seus estilos, diferenciación de escolas cervexeiras, modelo de negocio, fábrica de cervexa, Brewpub vs Cervexaría, restauración, cervexa artesá fronte á cervexa industrial, degustación de cervexas e avaliación organoléptica.
Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en materia de educación de calidade, traballo decente e crecemento económico e produción e consumo responsable.
Relacionadas:
-
Como ser "probador de videoxogos", o novo curso formativo da UNED
Por Redacción |
-
Profesionais xurídicos e empresariais achegaranse á Intelixencia Artificial nun curso da UNED
Por Redacción |
-
"Triunfos e derrotas das mulleres artistas nas vangardas"
Por Redacción |
-
Un relatorio na UNED centrará a súa atención no glaucoma, a coñecida como "cegueira silenciosa"
Por Anxo Lourido |
-
'O cancro e os métodos para combatelo', lección maxistral de Mariano Barbacid para inaugurar o curso na UNED
Por Redacción |