Un condutor resulta ferido nun choque entre unha furgoneta e un turismo en Meis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un condutor resultaba ferido nun accidente de tráfico que se rexistraba este venres 17 no municipio de Meis entre un turismo e unha furgoneta.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112, o impacto rexistrábase ao redor das 12.30 horas na PO-531, quilómetro 16-17, do municipio da comarca do Salnés. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente.
Debido ao impacto entre os dous vehículos, o turismo envorcaba e o ocupante resultaba ferido de consideración. Foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.
Desde o 112 dábase coñecemento á Garda Civil de Tráfico, o GES de Sanxenxo e efectivos de Protección Civil de Meis e de Vilagarcía de Arousa.