Etiqueta Negra quenta os fogóns cunha exhibición gastronómica do chef Xosé Magalhaes
Etiqueta Negra, que se celebrará en Pontevedra a próxima fin de semana, iniciou xa a súa conta atrás. Fíxoo, a modo de aperitivo, cun evento gastronómico organizado por un dos seus principais patrocinadores, Estrella Galicia, a través da súa marca Cervezas 1906.
Unha trintena de hostaleiros de Pontevedra participaron nunha xornada de gastronomía e maridaxe que estivo protagonizada polo chef Xosé Magalhaes, responsable xunto con Lydia del Olmo, do restaurante Ceibe, en Ourense, posuidor dunha Estrela Michelin.
Tras unha charla sobre gastronomía colaborativa, os asistentes puideron degustar os catro pratos elaborados por Magalhaes, cada un deles acompañado cunha bebida da ampla gama de Cervezas 1906, elixidas para a ocasión.
O cociñeiro de Ceibe ofreceu aos seus comensais un menú composto por algas á meuniere, garavanzo negro e polbo, panna cotta de O Rexo e kombucha de marmelo e sopa de burro canso e froitos vermellos, marinados cada un deles cunha cervexa diferente.
Durante a elaboración dos pratos, Xosé Magalhaes explicou que a súa é unha cociña "na que tiramos do noso, pero sen ser excesivamente radicais", apostando por unha cociña sinxela "co tres ou catro" ingredientes por prato "pero buscamos arestas".
"Xogamos moito a combinar ingredientes para realzar máis o sabor dos produtos pero sen enmascaralos", subliñou Magalhaes, especialmente a través do uso de salsas e aderezos "como fío condutor para levantar un produto que xa é marabilloso".
Así, en Ceibe buscan "darlle unha pequena volta pero pouco máis", como puideron comprobar os comensais pontevedreses que se citaron no gastromercado da praza de abastos.
Relacionadas:
-
Cando pensas que o probaches todo... chega Etiqueta Negra e innova co queixo, o café, as froitas ou a limonada
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Pontevedra volve converterse no centro do gourmet galego e confirma que "hai Etiqueta Negra para longo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Os padais máis esixentes, preparados para unha nova Etiqueta Negra
Por Alejandro Espiño |
-
Unha maridaxe con cervexa a cargo do chef Xosé Magalhaes, o 'aperitivo' de Etiqueta Negra
Por Redacción |
-
Conta atrás para Etiqueta Negra, o "mellor escaparate" para un sector "que marca tendencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra "quere gourmet galego" e presumirá del en novembro coa sétima Etiqueta Negra
Por Alejandro Espiño |