A borrasca Domingos deixa un regueiro de pequenas incidencias na Boa Vila
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os servizos municipais de emerxencias de Pontevedra tiveron que afrontar unha noite movida polo paso da borrasca Domingos, que deixou un regueiro de pequenas incidencias na cidade.
Segundo o balance falicitado por parte do goberno local á primeira hora da mañá deste sábado, inundacións, caídas de ramas ou de lousas dos edificios centraron as intervencións durante a madrugada deste sábado 4 de novembro.
Entre as incidencias máis destacadas atópase o corte da Ponte da Pedra que pasa polo río Tomeza debido á crecida do río, ou o corte ao tráfico do vial da Santiña desde a fonte ata a ponte da Xunqueira por estar asolagada. Ademais tamén se asolagou a rúa Rafael Areses procedendo a desatascarse as arquetas.
En canto á caída de árbores, tívose que intervir por esta circunstancia na ponte das Palabras e tamén en Maruxa Mallo e nas Corvaceiras, afectando a un carril á altura do lavado de coches.
Os Bombeiros actuaron ademais na esquina das rúas Benito Corbal e Daniel da Sota pola caída dunha cornixa.
MÁS INCIDENCIAS AO LONGO DO DÍA
Ata ben entrada a tarde seguíronse reportando incidencias de diversa índole aos servizos municipais de emerxencia, destacando entre outras, o atasco de ramas na ponte do Burgo, un valo de obra que caeu sobre un vehículo na rúa Alfonso XIII, uralitas desprendidas en Benito Corbal preto do santuario da Peregrina, ou tres planchas metálicas de protección contra a humidade que se desprenderon dun edificio sobre un tellado con risco de caída á vía na rúa Forcarei.
Ademais contabilizáronse caídas de ramas e árbores en Campañó ou Mourente, neste último caso afectando ao tendido eléctrico, e descubriuse un afundimento na calzada entre Pontevedra e Vilagarcía no Riveiro Casal do Rei.
Relacionadas:
-
A caída dunha árbore provoca un corte de tráfico na avenida de Bos Aires
Por Redacción |
-
Pontevedra, ante un dos outonos máis chuviosos dos últimos 40 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Satisfacción no Concello pola "rapidez e dilixencia" dos servizos municipais durante os sucesivos temporais
Por Natalia Puga |
-
Domingos deixa numerosos troncos e ramas á deriva na ría de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- O paseo do Gafos, cortado pola crecida do río
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O temporal esnaquiza o campo de fútbol de Chan da Barcia: "É un desastre"
Por Diego Espiño |
-
Evacúan de madrugada un operario ao que caeu unha árbore enriba en Soutomaior
Por Diego Espiño |