Queixas veciñais pola inseguridade que xera a falta de iluminación pública
Por Oskar Viéitez
Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular aseguran recibir "muchísimas quejas" de veciños que residen nos barrios da Parda, Campolongo, Mollabao, Monte Porreiro e tamén no centro urbano porque "no se sienten seguros caminando por calles a oscuras".
O portavoz do PP local, Rafa Domínguez, esixirá explicacións ao Goberno local por permitir que "calles y barrios enteros de la ciudad estén con el alumbrado público apagado por las noches".
"No vamos a tolerar que parte de Pontevedra vuelva a estar a oscuras este invierno" manifestou o líder da oposición. "Entendemos perfectamente a las personas que no se sienten seguras caminando por calles con las farolas sin luz. No lo podemos consentir, y menos en una ciudad que presume de modelo urbano", declarou.
Domínguez demanda ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que se responsabilice "personalmente" desta situación ante os "problemas de seguridad" que xeraron no pasado e que, "previsiblemente, se repetirán entre los viandantes con el cambio de hora".
Relacionadas:
-
Reforzan a iluminación en 24 pasos de peóns en Campolongo
Por Redacción |
-
Indignación entre os residentes da rúa Augusto García Sánchez pola presenza continua de "gorrillas" consumindo alcohol
Por Anxo Lourido |
-
Amplían dous meses máis o prazo para mellorar a iluminación da zona sur da cidade
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Pontevedra propón crear un botón do pánico na cidade para alertar en situacións de emerxencia
Por Redacción |
-
A borrasca Celine deixa múltiples incidencias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Pontevedra pagará uns 10 millóns en dous anos en electricidade e iluminación pública
Por Alejandro Espiño |
-
A iluminación de Nadal en Pontevedra regresa á súa data habitual de acendido, o 5 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
O PP quere que o orzamento para o Nadal suba ata os 600.000 euros e que Lores non actúe como un "grinch"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |