Educación cambiará o tellado de entrada ao CEIP Isidora Riestra
Por Redacción
Acabar cos problemas de filtracións que se rexistran no CEIP Isidora Riestra é o obxectivo das obras que a Xunta de Galicia realizará no centro a principios do próximo ano.
En concreto, Educación trazou un proxecto para cambiar o tellado da entrada ao colexio e ao pavillón, e ademais resolveranse os problemas de humidade que existen nunha das paredes de acceso ao ximnasio escolar.
Así llo trasladaron á dirección do colexio a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.
Esta actuación permitirá resolver unha demanda do centro para substituír definitivamente a uralita e solucionar os problemas que se repetían cada inverno coa chegada das choivas.
Durante a visita ao colexio, ambos os dous dirixentes estiveron acompañados polos técnicos que nas próximas semanas redactarán o proxecto que se executará nos primeiros meses de 2024.
Relacionadas:
-
O comedor do CEIP Isidora Riestra contará con Plan Madruga a partir do curso 24-25
Por Redacción |
-
39 nenos estrean este curso o comedor do CEIP Isidora Riestra
Por Redacción |
-
Exame previo ao inicio do curso nos colexios de Poio
Por Redacción |
-
Avanzan as obras de mantemento nos centros escolares de Poio
Por Redacción |