Bandeira Verde para Sanxenxo pola súa protección da paisaxe e do medio ambiente
Por Redacción
Sanxenxo converteuse nun dos ben recibir a Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ás boas prácticas coa conservación, a protección da paisaxe e do medio ambiente.
O municipio presentou á convocatoria desta bandeira da Xunta de Galicia un total de nove acciones: A senda fluvial de Dorrón, a actuación na contorna do colexio de Portonovo, a posta en valor das dunas e mellora de accesibilidade na praia de Areas, melloras de eficiencia enerxética no parque empresarial de Nantes, o fomento de compostaxe con dous novos composteiros e a repartición de composteiros individuais, así como a posta en marcha do punto limpo móbil e o punto limpo de proximidade.
O concelleiro de Medio Ambiente, Yago Torres, recolleu este venres a Bandeira Verde de Galicia nun acto no municipio ourensán de Porqueira e agradeceu que este distintivo supón "un recoñecemento polo traballo realizado, pero tamén nos esixe seguir mellorando na xestión de residuos, na eficiencia enerxética e na loita contra o cambio climático".
Así, sinalou que se trata dun traballo de fondo que leva realizando nos últimos anos e que tivo un dos seus fitos en 2019, coa aprobación do Plan de Movilidad Sostible do Concello de Sanxenxo e en 2020, aprobando o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, formando parte do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.
Ademais, o Concello forma parte da Axenda 2030 da Deputación de Pontevedra e xa traballa na elaboración da súa propia axenda urbana.
Relacionadas:
-
Sanxenxo balizará todas as súas praias por vez primeira, as urbanas xa na Semana Santa
Por Redacción |
-
Investimento de 160.000 euros para ampliar o Punto Limpo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo rehabilitará a pasarela da senda dos carballos de Aldariz con fondos europeos
Por Redacción |
-
Sanxenxo reforzará a vixilancia para acabar coas verteduras incontroladas
Por Redacción |