En marcha os traballos para eliminar os problemas de augas pluviais na parroquia de Valongo
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a concelleira Galiza Aguete supervisaron a marcha das obras de canalización de augas pluviais desde o lugar do Outeiro do Forno ao de Outeiro, na parroquia de Valongo.
Trátase dunha actuación na que se investiron 18.000 euros a cargo do Fondo de Compensación da Xunta de Galicia.
A obra permitirá canalizar as augas pluviais nun tramo de 120 metros, ademais de supoñer a construción de cunetas de formigón para mellorar a seguirdad da zona e favorecer a drenaxe. Todo iso co obxectivo de dar resposta a unha demanda dos veciños da zona.
O obxectivo coa intervención é evitar "os problemas causados polas choivas e as augas pluviais que se viñan acumulando neste lugar causando graves prexuizos para os veciños e as súas propiedades", afirmou Cubela.