Inician as obras do aparcamento disuasorio proxectado nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción
As máquinas traballan xa no núcleo de Ameal, en Marín, para habilitar o novo aparcamento disuasorio proxectado pola Xunta de Galicia nas inmediacións da Variante de Marín co obxectivo de fomentar o uso do vehículo compartido.
Trátase dunha instalación situada nas proximidades da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202 cunha superficie total de 3.000 metros cadrados.
Segundo informa a administración autonómica o aparcamento dispoñerá dun total de 82 prazas, 79 en batería e 3 en liña. Ademais, tres desas prazas serán para persoas con mobilidade reducida e haberá preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Nas obras en execución inclúese a habilitación de itinerarios peonís de 1,8 metros de anchura para garantir unha mobilidade segura no seu interior, zonas de arboledo e iluminación público e, no bordo, as correspondentes beirarrúas.
Ademais, atendendo á petición realizada polo Concello de Marín, as obras incorporarán unha marquesiña para facilitar o acceso e espera das liñas de autobús neste punto.
Relacionadas:
-
Entra en funcionamento un aparcamento disuasorio con 77 prazas xunto á Autovía do Salnés, en Ribadumia
Por Redacción |
-
Melloradas as cunetas no entorno do cemiterio e a Igrexa de Santa María do Campo
Por Redacción |
-
Covsa executará por máis de 570.000 euros as obras do aparcadoiro disuasorio de Ameal
Por Redacción |
-
Seis empresas optan a executar as obras do aparcamiento de Ameal
Por Redacción |
-
Así será o novo aparcadoiro disuasorio do Ameal
Por Redacción |
-
O Consello da Xunta aproba a construción dun aparcadoiro disuasorio nas inmediacións da Variante de Marín
Por Redacción |