As praias de Agra, Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contarán con pasarelas novas
Por Redacción
A Concellería de Turismo do Concello de Sanxenxo conta cun novo proxecto para renovación e dotación de pasarelas nas praias de Agra, Areas, Silgar, Canelas e Montalvo.
O documento xa foi enviado a Costas para a súa supervisión e, unha vez recibido o visto e prace, presentarase a unha das liñas de subvención do GALP. O obxectivo da actuación é mellorar a accesibilidade ás praias e protexer os espazos dunares existentes. O proxecto total ascende a un total de 242.400 euros.
Na praia de Montalvo, proxéctase unha pasarela peonil na entrada principal da praia coincidente coa actual, pero cunha elevación de 50 centímetros para protexer o cordón dunar. Prevese a colocación de elementos de protección lateral en determinados puntos do trazado.
Na praia de Canelas, proxéctase a demolición do sistema de recollida e canalización de pluviais que impacta sobre a duna da praia. Proxéctase unha pasarela, protexida do tráfico rodado pola súa elevación de 50 centímetros.
En Silgar, proponse unha nova pasarela practicable de idénticas características ás xa existentes na praia. Para iso é preciso desmontar unha parte da balaustrada de granito para proceder á montaxe da pasarela con piares, vigas, pontones e establecido de plástico.
En Areas, a intervención máis custosa, debido a que se trata da maior superficie a renovar, 343 metros cadrados, prevese dar continuidade á senda peonil existente na contorna natural con idénticas condicións de seguridade e accesibilidade, pero reducindo o impacto ambiental do itinerario peonil na duna existente.
En Area de Agra proxéctase a dotación dun acceso practicable para persoas con mobilidade reducida. Na actualidade a entrada á praia realízase por unha pendente que presenta problemas de accesibilidade, especialmente na desembocadura da praia.
Relacionadas:
-
Sanxenxo balizará todas as súas praias por vez primeira, as urbanas xa na Semana Santa
Por Redacción |
-
Sanxenxo rehabilitará a pasarela da senda dos carballos de Aldariz con fondos europeos
Por Redacción |
-
Cadeiras de anfibio e panelado das torres de socorrismo mellorarán os servizos das praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Setembro consolídase en Sanxenxo como o terceiro mes con mellores datos turísticos do ano
Por Redacción |
-
Un inicio de outubro 'de verán' e coas praias cheas
Por Redacción |
-
A Ruta dos Muíños de Samieira e a senda do Laño, candidatos ao distintivo de sendeiro azul
Por Redacción |
-
O colexio de Riomaior xunta aos cinco alcaldes da comarca coa súa iniciativa "Xirarei polo Morraso"
Por Redacción |