Inaugurada a nova sede de Cáritas en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este mércores na inauguración da nova sede de Cáritas en Vilagarcía de Arousa, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García; o arcebispo de Santiago de Compostela e presidente de Cáritas Diocesana Santiago, Monseñor Francisco José Prieto; e o presidente de Cáritas España, Manuel Bretón, entre outras autoridades.
No acto, o titular do Executivo galego enxalzou o papel fundamental que realizan entidades como Cáritas para chegar onde as administracións non poden e para tecer unha rede de benestar en todo o territorio que apoie e dote de recursos as persoas máis vulnerables.
As novas oficinas de Cáritas, que contan con máis de 400 metros cadrados, están situadas na rúa Rosalía de Castro, no 28 e, ademais dos servizos xerais e asistenciais, nelas instaláronse un novo comedor, cociña e almacén, e aulas para a organización de cursos de formación.
O custo económico cubriuse cunha herdanza que un particular deixou á institución.
Relacionadas:
-
Soutomaior apúntase ao 'transporte a demanda' para trasladar a colectivos vulnerables ao médico e xestións públicas
Por Redacción |
-
Cambados tentará conseguir o apoio da Deputación e da Xunta para comprar o asilo
Por Oskar Viéitez |
-
A escola de artes e xogos de Migallas en Monte Porreiro inicia un novo curso
Por Oskar Viéitez |
-
A andaina solidaria de Campo Lameiro xunta 3.165 euros para a Fundación Andrea
Por Redacción |