Sanxenxo mantense como líder galego das praias sen fume
Por Redacción
Sanxenxo acaba de revalidar o seu liderado como municipio galego con máis bandeiras do recoñecemento 'Praias sen fume de Galicia'.
Recibiron o recoñecemento por ter esta norma en 18 areais, todos incluídos no censo de baño: Panadeira, Silgar, Baltar; Caneliñas, O Espiñeiro, Areas Gordas, A Lapa, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Major, Areas Esquerda, Areas Dereita, Agra, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas e Pragueira.
O municipio pontevedrés recibiu o seu recoñecemento este venres nun acto en Ponteceso no que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou ao concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, o diploma que acredita a Sanxenxo como líder, entrando na categoría de ouro determinada por Sanidade para os concellos que incorporen a este proxecto ambiental todas as praias incluídas no seu censo oficial de zonas de baño.
Tras recibir o diploma, Deza explicou que en Sanxenxo etán "moi satisfeitos en contar con 18 praias con este distintivo que promove o coidado do medio ambiente e a saúde das persoas" e avanzou que o seu obxectivo é "estendelo ao resto de praias de Sanxenxo".
Este distintivo promove unha vida sen tabaco, desnormaliza o seu consumo na sociedade e aposta polo coidado do medio ambiente.
Nas praias sen tabaco, recoméndase non fumar na zona do areal quedando excluídos desta medida os espazos ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas como chiringuitos. Non hai vixilancia, nin sanción, pero espérase dos usuarios que cumpran voluntariamente coa norma, xa que se apela á responsabilidade persoal.
Relacionadas:
-
Este martes é o Día Galego sen Tabaco
Por Redacción |
-
O rexistro de asociacións municipais de Sanxenxo será actualizado
Por Redacción |
-
Sanxenxo preséntase no congreso de bandeiras azuis de Canarias como municipio de referencia
Por Redacción |
-
Sanxenxo, líder en 'Praias sen fume' de Galicia
Por Redacción |
-
Benvida ao verán en Sanxenxo co izado das 17 bandeiras azuis
Por Redacción |
-
Agra, Areas, Bascuas, Canelas, Montalvo, Pragueira e Paxariñas súmanse ás "praias sen fume" de Sanxenxo
Por Redacción |