Apertura matinal no ximnasio da Seca a partir de novembro
Por Redacción
O Ximnasio municipal da Seca ampliará o seu horario actual a partir do mes de novembro, incorporando tamén actividade matinal.
Tucho Muíños, concelleiro de Deportes, anunciou que se iniciaron as xestións e os trámites para contratar a un novo monitor deportivo e ampliar o horario das instalacións.
Tamén sinalou que se tramitou unha subvención coa Xunta de Galicia para adquirir novas máquinas deportivas para este recinto.
Entre os aparellos previstos figuran unha máquina de flexión de pernas, outra de extensión, unha femoral de pé e unha máquina de prensa de pernas, ademais de catro máquinas para completar a zona de exercicios.
A proposta supera os 21.930 euros. No caso de que se conceda a axuda, a Xunta correrá cun 80% deste orzamento mentres que o resto sería acometido polo Concello de Poio con fondos propios.