O buque oceanográfico Ramón Margalef remata a súa posta a punto no Porto de Marín
Por Redacción
O barco Ramón Margalef, do Instituto Español de Oceanografía, rematou a súa posta a punto nos estaleiros Nodosa do Porto de Marín e prepara a súa saída para continuar co seu labor investigador. Trátase dun dos laboratorios flotantes máis importantes de Europa e conta con tecnoloxía punteira para estudar a xeoloxía e bioloxía mariña, pesquerías e control medioambiental.
ÿ un buque oceanográfico de 46 metros de eslora e con capacidade para 11 investigadores e técnicos, ademais de 12 tripulantes. Conta cun sistema de posicionamento submarino, o que lle permite a operación de vehículos submarinos de observación remota. Pode observar e mostrar os ecosistemas ata 2.000 metros de profundidade. Ademais, é unha das plataformas máis avanzadas en avaliación de biomasa, grazas á súa instrumentación acústica. O buque está deseñado para emitir niveis moi baixos de ruído radiado á auga, o que permite que a súa navegación non afecte ao comportamento natural da fauna mariña.
O estaleiro Nodosa é un centro de referencia na posta a punto deste tipo de buques dedicados á investigación. Recentemente, tamén efectuou labores de mantemento no Cornide de Saavedra, outro dos barcos pertencentes ao Instituto Español de Oceanografía e en agosto tivo lugar a varada no estaleiro para labores de mantemento do Angeles Alvariño, buque xemelgo do Ramón Margalef e tamén propiedade do IEO.