Máis carga de traballo para Factoría Naval
Por Redacción
As bancadas Factoría Naval no Porto de Marín recibiron na tarde do martes un novo buque para a súa reparación, a draga de succión OMVAC 8.
Os traballos de mantemento e reparación do barco, que recalan no estaleiro froito do acordo de colaboración asinado coa empresa veciña Nodosa, estenderanse por espazo de tres semanas.
Segundo informa Factoría Naval unha vez o buque sexa reflotado recibirá o segundo dos atuneros contratados o pasado mes de xuño, e que empregará, tal e como recoñeceu no seu momento o director da planta José Manuel Coto, necesitará "entre dos y tres meses" de traballo nas que se empregarán "unas 300 personas entre nuestra plantilla y un mínimo de 10 o 12 auxiliares".
O estaleiro asegura que o solapamento dos traballos de reparación achega "certa continuidade laboral ao actual plantel de ambos os dous estaleiros e ás empresas auxiliares da zona que participan nas reparacións".
Relacionadas:
-
María Ramallo aplaude a compra de Factoría Naval por parte de Nodosa
Por Oskar Viéitez |
-
O buque oceanográfico Ramón Margalef remata a súa posta a punto no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Factoría Naval, a pleno rendemento coa reparación simultánea de tres buques
Por Redacción |
-
Os estaleiros marinenses únense ás mobilizacións contra a devolución do 'tax-lease'
Por Redacción |
-
Factoría Naval pecha a reparación de dous 'atuneros' que empregará a "unas 300 personas"
Por Diego Espiño |