Feijóo en Soutomaior: "Hablar, sí; dialogar, también; pero chantajes, no"
Por Oskar Viéitez
Na véspera do inicio da súa rolda de contactos coas forzas políticas para a súa investidura o presidente do Partido Popular e candidato á investidura, Alberto Núñez Feijóo, quixo deixar claro que "hablar sí, dialogar también pero chantajes no".
Así o manifestou este domingo no acto de inicio do curso político no que os populares volveron a celebrar no Castelo de Soutomaior. Un regreso a este lugar emblemático que estivo presente en todos os discursos nos que o PP lembrou a negativa da Deputación de Pontevedra a ceder este espazo durante os oito anos nos que a institución estivo presidida polo PSOE ata as eleccións do pasado 28 de maio.
Feijóo asegurou estar disposto a dialogar con "todos aquellos que quieran hablar", en referencia a formacións políticas como Junts, aínda que advertiu a que non se "someterá a las minorías".
O líder do PP defendeu a súa "legitimidad" da investidura, asegurou que non quere ser presidente "a cualquier precio". "Quiero ser un presidente libre y no secuestrado para poder nombrar al Consejo de Ministros y estar al servicio de España y no de una ambición personal", aseverou.
Alberto Núñez Feijóo avanzou que no debate, que se celebrará o 26 e 27 de setembro, presentará unha batería de propostas económicas e de "regeneración institucional" fronte a "un modelo de ruptura y una política que aboca a España a un abismo político, económico y territorial",, que é o que representa, ao seu xuízo, Pedro Sánchez.
"Si la investidura solo depende de ceder más, de plegarse a los que quieren irse de España, de humillar a las instituciones, esa investidura la ganará Sánchez, pero la perderá España", dixo.
"Estamos a cuatro votos de la investidura y Sánchez, al menos, a cuatro cesiones: amnistía, referéndum de independencia y al Gobierno más débil que pudiera tener España, conformado por 24 partidos; y volver a quebrar el principio de igualdad".
Consciente de que ao seu partido fáltanlle eses catro deputados para lograr a maioría absoluta e saír investido presidente, Feijóo sentenciou que "es mejor perder la investidura y que no pierda España".
RUEDA: "NUNCA SEREMOS PARVOS E PEDIREMOS AS COUSAS QUE CORRESPONDEN"
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, mostrouse convencido de que Alberto Núñez Feijóo non cederá á chantaxe dos "nacionalismos excluyentes y egoístas" que pretenden obter privilexios "pagados con perjuicios de los demás".
Alfonso Rueda falou como portavoz do resto de presidentes autonómicos do seu partido para deixar claro que "no te vamos a pedir que pagues rescates imposibles ni tampoco que cedas a ningún chantaje" ha dicho. "No vamos a permitir que a nuestra costa se paguen gobiernos. Somos un partido de principios" destacou.
En clave galega Roda criticou ao PSdeG, un partido "ao que lle acaban de dicir dende Madrid que non ten dereito nin a elixir a un candidato para a Xunta"; así como tamén para o BNG, porque "son os nacionalistas menos produtivos de toda España".
Alfonso Rueda tamén advertiu a Feijóo que, se chega a ser presidente do Goberno de España, desde a Xunta de Galicia "seremos leais, cordiais e constructivos pero nunca seremos parvos e pediremos as cousas que corresponden, intentando seguir sendo a illa de estabilidade".
BARÓNS
Ademais do presidente galego, Alfonso Rueda, o líder nacional do PP estivo arroupado neste acto de apertura do curso político en Soutomaior polos presidentes de Andalucía, Juanma Moreno; de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; de Aragón, Jorge Azcón; de Estremadura, María Guardiola; de Murcia, Fernando López Miras, e de Baleares, Marga Prohens. Ademais, do expresidente do Goberno, Mariano Rajoy; da secretaria xeral dos populares, Cuca Gamarra, e o coordinador xeral, Elías Bendodo.
Relacionadas:
-
E a Deputación regresou ás mans do PP, con Luis López como presidente
Por Alejandro Espiño |
-
Procuradores e tribunais pontevedreses consideran o acordo entre PSOE e Junts un "desprezo absoluto" ao Estado de Dereito
Por Anxo Lourido |
-
Os 'populares' alertan do custo para Pontevedra da negociación de Pedro Sánchez cos independentistas
Por Oskar Viéitez |
-
Rajoy, todo o mes facendo o Roteiro da Pedra e da Auga "sen fallar un solo día"
Por Oskar Viéitez |
-
Resucita a polémica entre o PP e o PSOE polo uso do Castelo de Soutomaior, do "chiringuito" de Carmela Silva ao "rancor" de Luisa Piñeiro
Por Natalia Puga |
-
O PP volve abrir o curso político no Castelo de Soutomaior oito anos despois ao recuperar a Deputación
Por Natalia Puga |