Unións Agrarias alerta ante a posible entrada de uva foránea nas Denominacións de Orixe
Por Oskar Viéitez
Unións Agrarias fixo un "chamamento á responsabilidade e á cautela" para que tanto os Consellos Reguladores como a Xunta de Galicia se manteñen alerta para evitar posibles incumprimentos na vendima.
Esta organización agrogandeira sostén que ante o inicio dunha campaña "moi desigual debido ás importantes perdas ocasionadas polo mildiu", deben extremarse as precaucións para "garantir e blindar" a calidade dos viños das denominacións de orixe (DO) galegas e "frear posibles entradas de uva foránea". Nese senso, reclama medidas que contribúan a "disuadir ás adegas que puideran incorrer na tentación de non cumprir coas súas obrigas".
No caso da D.O. Rías Baixas os resultados do Informe de Estimación da Colleita, que fala dun rendemento medio de 10.507 kg. por hectárea, unido ao Informe Favorable emitido polo Órgano de Control, motivaron que o Pleno do Consello Regulador deste mes de agosto adoptase o acordo de subir un 12,5% o rendemento por hectárea para todas as variedades amparadas polo regulamento, mantendo os niveis de control e calidade desta Denominación de Orixe.
Deste xeito, cos datos do informe, a estimación de produción para a colleita 2023 superaría os 46 millóns de quilos de uva na Denominación de Orixe Rías Baixas.
A data 1 de agosto de 2023, este Consello Regulador de Rías Baixas conta con 176 adegas rexistradas. A superficie desta Denominación de Orixe crece en 114 hectáreas respecto do informe do ano pasado, unha superficie que se reparte entre 22.808 parcelas atendidas por 5.033 viticultores.
Relacionadas:
-
Rías Baixas concluíu a vendima 2023 con máis de 44,3 millóns de quilos recollidos
Por Redacción |
-
O cuatripartito reclamará a sede do Consello Regulador Rías Baixas para Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello do Grove busca persoal para traballar na Festa do Marisco
Por Oskar Viéitez |
-
Gran afluencia de público na inauguración da Festa do Viño Albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Máis dun centenar de galardóns para os viños da D.O. Rías Baixas en tres importantes concursos internacionais
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Alertan do risco de nubes tóxicas no Salnés: "estaba no parque coas miñas fillas e chovíanos o sulfato por riba"
Por María José Pita |