Arden dous silos de millo nun incendio nunha nave en Moraña
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Un amplo dispositivo de emerxencias no que participaron os bombeiros do Consorcio Provincial de Pontevedra, o GES da Estrada e Protección Civil de Cuntis traballou durante toda a mañá deste venres para sufocar un incendio rexistrado nunha nave industrial en Moraña.
Segundo a información facilitada por Protección Civil de Cuntis, víronse afectados dous silos de millo, que non chegaron a arder por completo.
O lume comezou pasadas as sete da tarde e as tarefas de extinción prolongáronse ata preto de únaa da tarde, cando se empezou a utilizar escuma para completar o traballo.
Todo apunta a que o incendio tivo a súa orixe nunha lona situada na parte de arriba dun silo de millo. O lume prendeu no millo e logo expandiuse.
Como consecuencia do incendio, a zona superior da lona quedou inservible.