Ferida unha persoa tras ser atropelada por un camión en Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Axencia Galega de Emergencias informou este xoves do atropelo dunha persoa en Ponte Caldelas. Trátase dun home de 73 años de idade, coas iniciais A.M.L.
Segundo os datos facilitados polo 112, o accidente tivo lugar ás 9:04 horas na Avenida de Pontevedra, situada no centro da localidade.
A vítima resultou ferido grave ao ser atropelado por un camión.
O 061 desprazou ao lugar do atropelo un médico de Atención Primaria e unha ambulancia medicalizada que levou á persoa ferida ao Hospital Domínguez de Pontevedra, segundo confirmaron fontes sanitarias.
PASOS DE PEÿNS ELEVADOS
O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, manterá unha entrevista urxente de traballo co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, para solicitarlle que a administración autonómica eleve polo menos dous dos catro pasos de peóns existentes na Avenida de Pontevedra (tramo urbano da estrada autonómica PO-532) co fin de mellorar a seguridade vial na zona.
Para estes efectos solicitou á Policía Local a elaboración dun informe.
O rexedor, que visitou de inmediato a zona onde tivo lugar o atropelo, pedirá á Xunta que elabore un estudo para mellorar a seguridade vial no tramo urbano da PO-532.
A Avenida de Pontevedra constitúe o eixe transversal do núcleo urbano de Ponte Caldelas con moito tráfico e que tamén se encontra transitado por gran número de peóns que teñen que cruzala para dirixirse á zona escolar onde se sitúan a gardaría municipal, a ludoteca, o CEIP Cordo Boullosa, o instituto e o principal parque infantil da vila.