A Xunta transfire a Ponte Caldelas un treito da estrada PO-532, que une este municipio con Pontevedra
Por Redacción
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves o cambio de titularidade da estrada PO-532 Pontevedra (N-531) Ponte Caldelas (PO-255), a prol do Concello de Ponte Caldelas.
A Administración local solicitou a transferencia de titularidade dun tramo antigo da estrada PO-532, tramo illado xerado polas actuacións de mellora desa vía, correspondente á travesía antiga de Tourón que está urbanizada e acondicionada cunha lonxitude de 400 metros.
Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación, dependente da Axencia Galega de Infraestruturas, emite informe favorable sobre o cambio de titularidade deste treito.
A súa entrega formalizarase, no prazo de dous meses tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e o Concello de Ponte Caldelas converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra.
Relacionadas:
-
Ferida unha persoa tras ser atropelada por un camión en Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada