Queda atrapada co seu coche na Rúa Santiña queixándose da mala sinalización tras o rebentón dunha tubaxe
Por Diego Espiño
Os veciños da Santiña quéixanse desde hai días da situación da rúa, especialmente tras o rebentón dunha tubaxe de auga no mesmo lugar que fai unhas poucas semanas.
Este panorama agravouse este venres coas instensas choivas caídas durante unhas horas e que abrandaron o terreo no que se procedeu a reparar a tubaxe, aínda sen un firme en condicións.
Iso, unido ao que denuncian como mala sinalización da incidencia, ocasionou que unha veciña da rúa quedase atrapada co seu coche ao afundirse unha roda dianteira do mesmo.
Aínda que tentaron sacar o vehículo empuxándoo, resultou imposible polo bulleiral, tendo que dar aviso por unha banda á Policía Local e solicitar ademais a intervención dun guindastre.
A rúa foi cortada ao tráfico, polo que os veciños pediron permiso á Policía para poder entrar ata as súas casas e garaxes en sentido contrario mentres non se restablece a normalidade.