Condenados dous homes que lanzaron bólas de aceiro contra a Comandancia e un coche da Garda Civil, vehículos, viviendas e negocios
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Sete anos de prisión, multa e máis de 5.000 euros de indemnización. Esa é a condena que deben cumprir dous homes que durante os anos 2019 e 2022 se adicaron a tirar bólas de aceiro contra diversas propiedades, entre elas, a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e un vehículo da Garda Civil.
Os dous mozos están condenados polos delitos continuado de danos, atentado e contra a seguridade vial e, á hora de condenalos, tívose en conta a circunstancia atenuante de adicción a substancias estupefacientes.
Os delitos cometéronos a bordo de dúas furgonetas Nissan e Citroën Berlingo propiedade da empresa á que traballaban e usando luvas de goma para evitar deixar pegadas.
O primeiro delito cometérono no verán do ano 2019. Entre os días 7 e 10 de xuño, 5 e 8 de xullo e 23 e 28 de agosto, dispararon bólas de aceiro contra a fachada da Comandancia pontevedresa. Impactaron contra xanelas da primeira planta, (destinada a maioría a oficinas). Regresaron a este mesmo lugar o 19 de novembro, lanzando dunha bóla de metal de 11 milímetros de diámetro contra o mesmo edificio, nesa ocasión contra unha fiestra fixa das oficinas da Plana Maior de Tráfico.
Os seguintes feitos sucederon en febreiro de 2020. O día 12 lanzaron contra a cristaleira do edificio da Central de Mantemento de Estradas da N-554 en Vilaboa, causando deterioracións valoradas en 1.936 euros.
Ao día seguinte, lanzaron outra bóla metálica duns 11 milímetros de aceiro contra un vehículo oficial da Garda Civil cando se cruzaron con él na autoestrada AP-9. Ían a 120 km/ hora, impactou contra o cristal lateral e os anacos entraron no vehículo e rozaron na cara a un dos axentes sen causarlle lesións. O importe dos danos no vehículo ascendeu a 315,44 euros.
Os días 3, 13,19 e 20 de febreiro, lanzaron bólas de aceiro contra a fiestra dun bar e unha estación de servizo en San Martiño de Meis, causando danos que ascenderon a 479,70 euros. Un dos acusados xa pagou estes danos.
Entre os días 14 e 17 de febreiro de 2020 realizaron a mesma conduta respecto a un vehículo estacionado nun taller de Vilaboa para facer reparación. No seu interior localizouse unha bóla de aceiro que fracturara un portelo dianteiro, causando uns danos por importe de 214,41 euros.
Entre o 21 e 24 de febreiro de 2020, dispararon ás lúas dianteiras de catro vehículos que estaban en exposición nun establecemento de compra e venda de vehículos de San Amaro, en Barro. Os danos causados foron orzados en 2.245,16 euros.
Entre os días 21 e 24 de febreiro, dispararon contra a cristaleira dunha vivenda situada sobre ese local de venda de vehículos e contra dúas xanelas dun edificio de Barro, causando danos por 266,20 euros.
O Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra condenounos e, a pesar do seu recurso, a sección segunda da Audiencia Provincial confirmou a sentenza, concluíndo que "a existencia de probas de cargo contra os agora apelantes non cabe cuestionala" e as probas practicadas no xuízo, "sen a máis mínima tacha legal ou regulamentaria", segundo o tribunal "non deron lugar á máis mínima dúbida verbo dos feitos e da súa autoría".