Solicitan a colaboración cidadá para localizar dous sospeitosos
Por Redacción
A Garda Civil de Pontevedra investiga a comisión dun delito contra as persoas na madrugada do día 18 de xullo, durante a celebración das Festas de San Campio, na parroquia de Pontellas do Porriño.
Especialistas do Departamento de Identificación do Servizo de Criminalística da Garda Civil confeccionou os retratos robot dos mozos presuntos autores da agresión.
Por iso solicítase que calquera persoa que poida achegar algún tipo de información ou dato que axude á súa identificación se poña en contacto coa Garda Civil a través do teléfono habilitado para este fin 600 461 444.
Tamén se poderá achegar información de forma presencial, en calquera Posto da Garda Civil, garantíndose en todo caso a confidencialidade do comunicante.
Relacionadas:
-
Dúas persoas identificadas por furtar perfumes nunha droguería pontevedresa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Condenados dous homes que lanzaron bólas de aceiro contra a Comandancia e un coche da Garda Civil
Por Natalia Puga |
-
A DGT pon en marcha ata o domingo 20 unha campaña especial de control de alcol e drogas
Por Natalia Puga |
-
Luís López pide forza á Peregrina contra as fendas de xénero, "a estas alturas de século XXI, unha realidade intolerable"
Por Natalia Puga |