Un incidente cun cliente nunha discoteca acaba con dous traballadores denunciados por non ter carné de porteiros
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Dous traballadores dunha discoteca da rúa Daniel da Sota foron denunciados pola vía administrativa ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra por non contar coa correspondente documentación acreditativa como controlador de acceso ao local, o coñecido como carné de porteiro.
A orixe desta denuncia sitúase nun incidente dentro desta discoteca ocorrido na madrugada do sábado 12 ao domingo 13 de agosto. Na zona realizouse un amplo despregamento de medios policiais tanto das policías Local como Nacional porque ao mesmo tempo realizáronse dúas chamadas de alerta polo ocorrido neste local e noutro moi próximo da rúa Benito Corbal.
Chegou a haber 10 patrullas diferentes e, á súa chegada, en Benito Corbal xa non había nada. No caso do incidente de Daniel da Sota, segundo a información facilitada polo Concello de Pontevedra, a Policía Local compareceu pola chamada dun traballador do local.
Á súa chegada, os policías entrevistáronse coas dúas partes implicadas para coñecer as súas dúas versións.
O traballador relatou que un cliente situouse nas escaleiras interiores do local, un lugar no que está prohibido sentar porque interrompe o acceso. Primeiro déronlle un aviso de que se fosen e finalmente sacárono á forza.
En canto ao cliente, relatou que estaba sentado nas escaleiras interiores e o porteiro agrediuno e botouno do local. Á chegada dos axentes, o mozo presentaba unha brecha nunha cella supostamente provocada polo porteiro.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, identificaron o cliente e aos dous porteiros e estes recoñeceron que carecían da documentación administrativa. Non ter este carné supón unha infracción administrativa pola que a Policía Local denuncioulles ante a Subdelegación do Goberno, que agora deberá resolver o expediente.
Ademais, vos policías indicaron ás dúas partes de que poden presentar denuncia na Comisaría da Policía Nacional.
Os axentes municipais, pola súa banda, entregaron o atestado na Comisaría, que é a que instrúe as dilixencias e será a encargada agora de determinar se este incidente resólvese pola vía penal por unha denuncia por lesións ou pola vía administrativa por alteración da orde pública.
Relacionadas:
-
A Policía Nacional desmantela unha plantación de marihuana a carón do Templo Novo de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O arranque das Festas da Peregrina, "un éxito" coa cidade "petada todos os días"
Por Natalia Puga |
-
Comezan as Festas da Peregrina: "Brindade a mogollón coa familia, cos amigos, pero non fagades botellón"
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |