A Asociación Cultural Belle Époque Cuntis organiza un acto solidario e confirma a data da súa popular festa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cuntis volverá este ano de novo a principios do século XX grazas á Festa da Belle Époque, na que traxes de época empapan de ambiente festivo a vila lembrando o esplendor daqueles anos.
Segundo confirmou a Asociación Cultural Belle Époque Cuntis, organizará a novena edición do evento o sábado 7 de outubro.
Mentres ese día non chega, a asociación preparou outra xornada, neste caso solidaria, para dar visibilidade á loita contra enfermedade raras, en concreto a Síndrome Sanfilippo e a Neurofibromatosis.
Esta xornada, prevista para o día 17 de agosto na Praza das Árbores, contará a partir das 19.00 horas da tarde co contacontos 'O agasallo das árbores', con Cris de Caldas e Xabi do Camiño. Ademais os nenos e nenas asistentes poderán pintar a cara e recibirán globos.
Todo "por Pablo, por Lucas e por moitos máis", sinala a Asociación Cultural Belle Époque sobre esta xornada solidaria.