Coronación en Fefiñáns de Donas e Cabaleiros
Por Redacción
O Capítulo Serenísimo da Orde do Albariño nomeaba Donas e Cabaleiros este domingo en Fefiñáns, dentro dos actos da Festa do Albariño que se celebra durante estes días.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, coincidía con Alberto Núñez Feijóo, presidente nacional do PP, nun acto no que estiveron acompañados do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que recibía a acreditación como "cabaleiro".
Tamén asistía Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, e a deputada de Turismo, Nava Castro.
Os actos iniciáronse na contorna do Auditorio da Xuventude coa recepción das Confrarías Enogastronómicas de España e Portugal. A continuación, realizábase o tradicional desfile hasa o patio de armas do Pazo de Fefiñáns onde se celebrou o acto de investidura.
Dóalas do Albariño neste 2023 son Ana Rodríguez Carril, adegueira, e Lucía Rodríguez Vázquez, xornalista. Como cabaleiros foron investidos Ricardo Alfonsín, embaixador de Arxentina en España; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; e Luis Rojas Marcos, psiquiatra.
A Fundación Juana de Vega foi nomeada Albariñense de Honra, por promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia.
As actividades de celebración da festa terán continuidade a partir das 22.00 horas cun concerto da Banda de Música de Castrelo, na Praza de Fefiñáns; media hora máis tarde, o Grupo M5 Galicia actuará na Praza do Concello. Ás 00.00 horas realizarase o espectáculo pirotécnico desde o peirao de Cambados.
Relacionadas:
-
Areeiro aconsella manter a vixilancia da botrite ata a vendima
Por Redacción |
-
Gran afluencia de público na inauguración da Festa do Viño Albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Habilitan un servizo especial de autobús entre Cambados e Pontevedra para regresar da Festa do Albariño
Por Redacción |
-
A Festa do Albariño contará cun dispositivo especial de seguridade
Por Redacción |