Habilitan un servizo especial de autobús entre Cambados e Pontevedra para regresar da Festa do Albariño
Por Redacción
A Xunta de Galicia anunciou a activación de servizos especiais de autobús para conectar Cambados e Pontevedra con motivo da Festa do Albariño.
En concreto o goberno autonómico habilitará estes servizos para poder regresar desde a celebración ata a capital provincial, de maneira directa, durante as madrugadas do sábado 5 e o domingo 6 de agosto.
Estes autobuses, sen paradas intermedias entre as dúas localidades, sairán desde Cambados ás 7.00 e 8.35 horas da mañá.
A posta en marcha destas liñas de transporte colectivo responden o obxectivo de facilitar alternativas de viaxe seguras que reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer.
Ademais, lembra a Xunta, os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, mentres que o resto de usuarios poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na págima web web www.bus.gal.