A 'skate praza' de Raíña Vitoria di ata logo para facilitar a montaxe das atraccións da Peregrina
Por Redacción
Os preparativos das Festas da Peregrina xa empezan a deixarse notar na cidade. A 'skate praza' da avenida Raíña Vitoria comezou a dicir ata logo para dar paso, durante as semanas festivas, ás atraccións que cada ano se instalan nesa zona da cidade.
Os traballos de desmontaxe dos diferentes elementos que compoñen a 'skate praza' comezaron este luns, 31 de xullo, e todo estará baleiro para que nunha semana comece a montaxe das atraccións.
Desde o Concello lembran que as pezas que compoñen esta zona de ocio e deporte urbano foron deseñadas para poder ser desmontadas e montadas segundo requirise a situación, cumpríndose agora coas previsións de destinar o espazo para un uso festivo durante as festas de verán.
Desde a área de Festas indican que se agarda a chegada de máis de medio cento de postos de comida, atraccións para todas as idades, tómbolas e demais.
A instalación comezará na noite do luns 7 de agosto.
A partir dese momento, quedarán cortadas para o tráfico rodado as rúas Alameda e San Roque, tal e como vén sendo habitual desde hai anos.
Relacionadas:
-
Reinstalan a 'skatepraza' en Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina a partir do martes 8 de agosto
Por Redacción |
-
A Festa do Patín encherá de rapazada o skate praza de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
Organizan unha Festa do Patín para estrear as instalacións de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez |
-
Finalizados os traballos de pintado do 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O pintado, última acción antes de dar por finalizado o 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
Atrásase a estrea do 'skate praza' de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |