Finalizados os traballos de pintado do 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción & Mónica Patxot
Os traballos de pintado do 'skatepraza' de Raíña Vitoria están finalizados, segundo informou este venres o Concello de Pontevedra.
Este novo espazo de ocio e deporte urbano "xa é unha realidade plena", indican desde o goberno local, "unha realidade que chegou a ser estreada antes da súa finalización, cunha mocidade que tomou a zona, mesmo antes destas últimas actuacións en forma de traballos de pintado".
O pintado do asfalto foi o protagonista destes últimos días, nos que a zona estivo pechada, para favorecer a transformación do piso da zona co fin de permitir un mellor uso deslizante para os skaters. O prazo de pintado durou o tempo estimado de tres días, coa sorte de evitar a choiva que ameazou un posible atraso.
Agora, as pezas totalmente instaladas e aseguradas e o novo asfaltado recolle dúas novas cores: o branco e o azul, e a marca institucional do Concello que sirve para marcar as entradas e saídas dos elementos sobre os que practicar, funcionando como guías visuais sobre o asfalto dun xeito intuitivo e útil.
Pero pola choiva caída este xoves provocou, segundo testemuñas, que a zona estea "máis esvaradía do normal" e terán que esperar a que a zona seque do todo para poder patinar sen problemas.
O edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, agradece a todos os usuarios da zona "por respectar estes últimos traballos de pintado, que precisaban repouso e secado, polo que non podía ser utilizado o espazo. A partir de hoxe xa é posible".
Relacionadas:
-
A 'skate praza' de Raíña Vitoria di ata logo para facilitar a montaxe das atraccións da Peregrina
Por Redacción |
-
Organizan unha Festa do Patín para estrear as instalacións de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez |
-
O pintado, última acción antes de dar por finalizado o 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
Atrásase a estrea do 'skate praza' de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As primeiras pezas do 'skatepraza' ocupan o seu lugar en Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |
-
O 'skate-praza' de Raíña Vitoria, a todo ritmo: nove dos once módulos desmontables xa están rematados
Por Redacción |
-
Raíña Vitoria, en obras: inician os traballos para o futuro 'skate-praza'
Por Alejandro Espiño |
-
O skate-park "de quita e pon" en Raíña Vitoria é, para o PP, unha "tomadura de pelo"
Por Redacción |