Dá positivo en drogas nun control e, minutos máis tarde, é detido como autor de roubo de obxectos en turismos
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Vilagarcía de Arousa detiñan na tarde do venres un home como autor do roubo con forza no interior dun turismo estacionado nunha rúa do barrión dos Duráns. Minutos antes, o mesmo home fora sometido a un control de tráfico con resultado positivo no consumo de drogas ao volante.
Unha persoa denunciou que observara desde a lavandería na que se atopaba como un home rompía o cristal do portelo do seu coche, que se atopaba aparcado na rúa Eduardo Pondal. O presunto autor dos feitos levou do interior unha riñonera con diñeiro e outros obxectos.
A persoa denunciante ofreceu unha completa descrición do home, que coincidía co condutor que dera positivo en drogas nun control de tráfico realizado minutos antes. Os axentes saíron en procura deste home e atopábano na avenida López Ballesteros. Permanecía no interior dun coche xunto a outros dous pasaxeiros.
Unha vez identificado polo denunciante, os axentes cachearon ao detido e aos acompañantes. O presunto autor é un home de 30 anos, que responde as iniciais A.C.F. No rexistro do coche aparecen dous bolsos, dúas carteiras, dous radios de vehículos e un xogo de chaves, que a Policía Local entende que pertencen a diferentes actos delituosos.
Tamén recuperaban un billete de cincuenta euros que o detido entregara a un dos seus acompañantes polo pago dunha débeda e que permanecía dobrado, tal e como o denunciante indicara que se atopaba ao roubarllo. A riñonera tamén foi localizada por un veciño nunha rúa próxima. O dono denunciou a falta dunha tarxeta bancaria e doutro billete de cincuenta euros, que segundo o detido e os seus acompañantes, foron entregadas a outra persoa antes da intervención policial.
Relacionadas:
-
Un ‘punto violeta’ e reforzo policial para garantir a seguridade das festas de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Dous feridos graves en Vilaxoán ao impactar un coche e unha moto
Por Redacción |
-
Localizan o ladrón dunha marmorería e recuperan dúas figuras de bronce escondidas nun supermercado
Por Redacción |