Un ‘punto violeta’ e reforzo policial para garantir a seguridade das festas de Vilagarcía
Por Redacción
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado porán en marcha controis e operativos especiais de circulación durante a Festa da Auga e o Combate Naval de Vilagarcía de Arousa. Será un parte do dispositivo especial deseñado para que as festas se verán se desenvolvan con normalidade.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu este venres a Xunta Local de Seguridade en Vilagarcía, centrada en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o mes de agosto.
Estiveron presentes o alcalde da localidade, Alberto Varela; o comisario provincial da Policía Nacional en Pontevedra, Juan José Díaz; o coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal; e outros responsables de Tráfico, da Policía Local e da seguridade municipal.
A subdelegada lembrou que en agosto "a cidade recibe a numerosos visitantes" e desenvólvense as dúas principais festas que acolle o municipio, a Festa da Auga e o Combate Naval, e sinalou a súa preocupación por seguir traballando na seguridade das celebracións estivais multitudinarias.
Así, as accións que se van levar a cabo por parte dos Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pasan pola posta en marcha de controis de circulación e operativos especiais nos accesos á localidade, e pola activación de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores.
Os axentes da Policía Local e unha patrulla da Unidade de Policía Autonómica velarán tamén por garantir o bo desenvolvemento das actividades festivas. Así mesmo, unha Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional de Vigo desprazarase ata o municipio durante os días de celebración destas festas, nos que tamén se mobilizarán diversas ambulancias e un equipo sanitario de emerxencia, que situarase na Praza da Peixería.
Larriba agradeceu a iniciativa do Concello para dispor durante os festexos dun 'Punto Violeta' de información, asesoramento e axuda ante calquera tipo de agresión machista, desde o que se facilitará información sobre como actuar ante calquera caso de violencia machista e se ofrecerá un servizo de atención integral ás vítima e o seu entorno.
Maica Larriba destacou o compromiso do alcalde, Alberto Varela, a prol da igualdade e a loita contra a violencia de xénero ao dispoñer deste punto e demandou aos asistentes "gozar dos festexos con responsabilidade".
Relacionadas:
-
Un guardia civil, detido tras reter unha muller no seu domicilio en Carril e ameazar a axentes da Policía Nacional
Por Redacción |
-
Renfe amplía o número de prazas para acudir á Festa da Auga de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O pregón de "a repunante" dará o pistoletazo de saída ás festas de San Roque en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Panorama, De Vacas, Take it Easy e Roi Casal animarán a Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Dá positivo en drogas nun control e, minutos máis tarde, é detido como autor de roubo de obxectos en turismos
Por Redacción |
-
A ameixa do Carril regresará a Vilagarcía para as Festas de San Roque
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación financia o espectáculo musical "Hijo de la luna" na Festa da Auga de Vilagarcía
Por Redacción |
-
As festas de Santa Rita traen a Revólver a Vilagarcía este sábado
Por Redacción |
-
Galifunk Brass e Lontreira, entre os grupos musicais que amenizarán os vermús dominicais de Vilagarcía
-
Revolver ofrecerá un concerto de balde en Vilagarcía polas festas de Santa Rita
Por Redacción |