Avistan baleas na desembocadura da ría de Pontevedra
Por Manu Otero
As baleas sucan as augas da ría de Pontevedra. Así a constatou esta semana a tripulación da navieira Mar de Ons nos seus roteiros cara ás illas do parque nacional Illas Atlánticas ao observar á altura da Costa da Vela, en Cangas, varios exemplares destes cetáceos.
Os tripulantes fotografaron a estes mamíferos mariños e informaron do avistamento aos profesionais de Cemma (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) para que poidan ter constancia e rexistrar os seus movementos ao longo da costa galega.
O avistamento produciuse á altura da Costa da Vela durante a travesía que realizan estes barcos desde Sanxenxo e Portonovo cara ás illas Cíes e tamén no roteiro cara a Ons desde Vigo.
Relacionadas:
-
Máis de 40 exemplares de cetáceos varados a finais de decembro na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
A illa de Ons colga o cartel de "completo" para os primeiros 12 días de agosto
Por Redacción |
-
Persoal do Cemma estuda o corpo dunha balea varada na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Unha balea e dous golfiños mortos aparecen nas praias da Lanzada e Bascuas
Por Manu Otero |