"No seré Pedro Sánchez" promete Feijóo en su baño de masas en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular volveuno a facer e encheu a Praza de Touros de Pontevedra cun mitin, de novo con Alberto Núñez Feijóo como protagonista pero neste caso como presidente nacional do PP e candidato á presidencia do Goberno.
Unhas 12.000 persoas, segundo a organización, asistiron este domingo ao coso de San Roque onde o líder popular estivo acompañado polo presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e o ex presidente do PP e tamén expresidente do Goberno Mariano Rajoy.
O candidato do PP afirmou que Pedro Sánchez leva catro días preparando o único cara a cara televisivo deste luns porque "no puede hacer mítines" e asegurou que "si trae a todos los militantes del PSOE y los concentra" na praza de touros de Pontevedra estarían "la mitad de las gradas vacías".
Feijóo prometeu que "no seré nada que nadie pretenda imponer, no seré Pedro Sánchez. No, no seré Pedro Sánchez, tenéis mi compromiso". Así, reclamou o apoio nas urnas dunha "esa gran mayoría prefiere la Constitución de todos a la conveniencia de unos pocos" para evitar "la intransigencia de los extremos".
"Tenemos ganas de ganar y de ganar con ganas", ha parafraseado Feijóo o lema de campaña da madrileña Isabel Díaz Ayuso pedindo o voto para que o 23 de Julio "nos podamos volver a fiar del Gobierno de España".
"Estoy muy orgulloso de ser uno de vosotros y quiero que os sintáis orgullosos de mí, ocurra lo que ocurra el 23J". "Empeño mi palabra. Todo lo que soy en la vida y en la política os lo debo y yo voy a dar todo de mí para no defraudar a nadie", sentenciou.
Ao longo de todo o seu discurso, o candidato popular evitou calquera referencia a Vox e a ese previsible pacto que debuxan todas as enquisas. Tampouco lles aludiu Mariano Rajoy que emprazou ao electorado para elixir "entre PP y Feijóo o el gobierno Frankenstein".
MARIANO RAJOY
Rajoy confesou que a praza de touros de Pontevedra tráelle "los mejores recuerdos" pois, segundo rememorou, aquí Feijóo arrincou as campañas que lle levaron a obter catro maiorías absolutas como presidente da Xunta. "No se ganan cuatro mayorías absolutas siendo un mal gobernante", apuntou.
"España necesita hoy un presidente como Feijóo, que traiga sosiego y eficacia, que sea capaz de unir a toda la sociedad española", proclamou Mariano Rajoy, que foi moi crítico co presidente Pedro Sánchez e o seu Goberno porque "han generado una división como no se conocía desde 1978 y una gran polarización en la sociedad española".
Rajoy defendeu ao PP como un partido "con vocación y capacidad de permanencia" fronte a outras formacións que "tienen un revés y vuelan", chegando a preguntarse "dónde están UPyD, Ciudadanos y Podemos y dónde estarán otros dentro de poco". E en alusión a Sumar dixo que "antes era el Partido Comunista, luego mareas, luego Podemos pero es el Partido Comunista de siempre".
ALFONSO RUEDA
O presidente do PPdeG amosouse convencido de que "Galicia vai ser un piar fundamental na victoria de Alberto Núñez Feijóo" o próximo 23 de xullo e, dirixíndose directamente ao presidente nacional, asegurou: "En 2009 chegou o momento por primeira vez e agora, no 2023, é o teu momento".
"Para facer algo tan grande, hai que ser un partido moi grande", remarcou ante unha audiencia de 12.000 persoas chegadas de toda Galicia: "A xente sempre espera moito máis de nós que doutros partidos e é unha responsabilidade que cumprimos con gusto, respondendo". Rueda definiu a Praza de Touros pontevedresa como o gran símbolo das vitorias do PP: "Aquí empezou todo en 2009, o ano do cambio. E os seguintes foron os anos da confirmación".
"É o momento de exportar o noso sentidiño ao resto de España, de facer política á galega e de dicir basta a cinco anos de desprezo a Galicia por parte de quen se cre que, castigando aos galegos, castiga a Feijóo", remarcou.
O líder dos populares galegos retou "a quen dubide do que pode facer Feijóo por España" a que mire o que fixo en Galicia: "Fíxoo aquí e volverá facelo" e neste sentido reivindicou a redución do gasto político "para dedicalo a investimentos nas persoas", as baixadas de impostos "que aforraron aos galegos máis de 1.500 millóns de euros", a redución do paro, a gratuidade das escolas infantís "e moitas outras medidas" en materia de igualdade, conciliación, e educación e loita contra o cambio climático.
"Despois de cinco anos de sanchismo, é o momento de quen nos coñece, de quen nos quere, de quen nos aprecia e de quen se vai deixar a pel por Galicia. É o momento de Alberto Núñez Feijóo", concluíu.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda confía en que Galicia votará por unha maioría ampla para Núñez Feijóo
Por Redacción |
-
Rueda asegura en Vilagarcía que só o PP é garantía de voto útil
Por Redacción |
-
Rueda pon de exemplo a Poio e á Deputación de Pontevedra do cambio político que agarda en España
Por Redacción |
-
Pepa Pardo en Vilagarcía defende un gran pacto de apoio á maternidade, á infancia e á conciliación
Por Redacción |
-
Ana Pastor destaca o compromiso do PP co rural
Por Redacción |
-
O PP quere converter ao coso de San Roque na "Praza de Todos"
Por Oskar Viéitez |