O vial que une Lapamán coa Coviña e Casás pasa a ser de dirección única
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da Concellaría de Seguridade e Mobilidade, informou de que establecerá a dirección única para o vial que une Lapamán, A Coviña e Casás.
Esta decisión tómase pola situación actual que se vivía no tráfico nesta zona, que non conta co ancho abondo para poder manter a doble dirección, xerando graves retencións e problemáticas cando dous vehículos se atopaban nalgún tramo do vial.
Deste xeito, pasará a ser de dirección única ata saír nos Talleres Rodal e xa entroncar coa PO-551.
Despois de levar adiante distintos traballos de sinalización, o obxectivo é que esta nova dirección única poida establecerse desde este sábado, xa que durante o verán e cando hai bo tempo é cando máis problemas se dan neste sentido.