Sete despedidas no último pleno do mandato en Sanxenxo
Por Redacción
Un pleno extraordinario de trámite supuxo a conclusión do mandato político este mércores 14 en Sanxenxo.
Ata sete concelleiros despedíanse do seu posto na corporación. No PP non seguirán Flavia Besada, Jaime Leiro, Daniel Arousa e Óscar Vilar. A portavoz de Cidadáns, Vanessa Rodríguez; a integrante do BNG, Sandra Fernández; e a socialista Marta Caneda tamén se despediron da corporación.
O Pleno de Investidura e Constitución da nova Corporación Municipal comezará ás 12.30 horas do sábado 17 de xuño coa toma de posesión das actas por parte dos concelleiros elixidos nas eleccións do 28 de maio.
En total constituirán a nova corporación municipal 17 representantes políticos: dez concelleiros do PP; catro do PSOE e tres do BNG. Con esta constitución, Telmo Martín, candidato do Partido Popular, será proclamado alcalde de Sanxenxo polo período de catro anos.
O acto iniciarase coa constitución da mesa de idade e comprobaranse as credenciais dos concelleiros electos que, despois, deberán prometer ou xurar o seu cargos. A continuación elixirase á persoa que ocupe a alcaldía, que será quen finalice o pleno cunha intervención.
Este pleno poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Críticas do BNG á suba salarial do goberno de Telmo Martín e ao "escollo" para asistir a plenos
Por Redacción |
-
Telmo Martín, a polo seu quinto mandato como alcalde de Sanxenxo
Por Almu Dapena |
-
Telmo Martín celebra a "matrícula de honra" que os vecinos lle dan ao seu goberno
Por Alejandro Espiño |
-
Os doce proxectos cos que Telmo Martín quere liderar Sanxenxo cara 2027
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |