Tres xeracións de pontevedreses encandiladas por Guns N' Roses: "verlos juntos es una experiencia única"
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Juan, Roberto e Daniela. 71, 47 e 14 anos. Avó, pai e filla. Os tres son pontevedreses e dunha mesma familia, os Iza. Xuntos, tres xeracións de fans, asistiron este luns ao concerto do ano en Vigo, que reuniu a máis de 25.000 persoas para ver a Guns N' Roses no estadio Balaídos. "De los mejores conciertos de los últimos tiempos", valoraron ao termo da cita musical.
Compraron as entradas nada máis saír á venda e este luns, a media tarde, colleron un taxi en dirección a Vigo, emocionados pola expectativa de ver á mítica banda estadounidense de hard rock e, sobre todo, por facelo xuntos. "A parte de verlos, que yo llevo esperando 30 años, nos emociona que vamos los tres juntos, que no deja de ser una experiencia única", explicou Roberto, no dobre papel de pai de Daniela e fillo de Juan nesta excursión familiar.
Ao termo da actuación, todas esas expectativas cumpríronse. "Después de 30 años de espera, desde el 93, el concierto no ha defraudado. Si bien el tiempo no perdona, las casi 4 horas de concierto han sido un derroche de energía en la que la banda se ha dejado la piel en cada tema para el deleite del público", asegurou Roberto, que leva tres décadas admirando a esta banda.
Era a primeira vez que os tres compartían concerto. Roberto si foi a máis coa súa filla e o seu pai e a súa nai tamén xuntos, pero nunca esta combinación de tres xeracións unidas polo amor á música da mesma banda.
Roberto inaugurou esta particular afección familiar por Guns N' Roses na súa adolescencia. "Empezaron a gustaron antes a mí por una cuestión generacional, me tocó cuando estaban en su mejor época", lembra. E, tras é, chegou Juan. "Mi padre los conoció a través de mí, por todos los pósters que tenía en casa y por las fotos en las carpetas y la música que le ponía en el coche, que antes no había las posibilidades que hay hoy y eran muchos viajes de vacaciones con Guns N'Roses al volante", conta.
Juan confírmao. Empezou a engancharse á súa música "a raíz de las carpetas de mi hijo y de los pósters que tenía en mi casa en la habitación".
Logo chegou Daniela. É afeccionada ao rock en xeral, escoitaba a bandas como Queen ou The Beatles e chegou a Green Day e Guns N' Roses. Sen dúbida, contribuíu a esta afección que o seu pai ponlle a súa música en casa.
Agora, é ela, a máis nova e a última en chegar á banda, a máis fan e emocionada co concerto. Os tres coinciden nisto, sobre todo, "por la edad", pois Roberto está convencido de que "por una cuestión de ritmo y de música, las nuevas generaciones son las que levantan la música hoy en día". Ela confirma a emoción que lle esperta.
As entradas compráronas xa hai varios meses. "Primero era un rumor y, cuando se supo que iban a venir a Vigo, decidimos ir", explica Daniela, que chegou ao concerto cunha canción en mente que non podía faltar no repertorio da banda, You Could Be Mine, un dos seus mellores e máis populares temas.
Coincide Roberto nesta predilección, aínda que el engade tamén Don't Cry. Para Juan, o tema imprescindible do concerto é a versión da mítica canción de Bob Dylan Knocking on heaven's door. En realidade, todas lles valían. "Viejos y no tan viejos temas han levantado al público de sus asientos. La pista, un hervidero de brazos. Impresionante", relata Roberto.
A experiencia final resultou satisfactoria. Aínda que Roberto chancea con que nun principio "yo quería desanimar a mi padre, pero no había forma" os tres Iza saíron moi emocionados. "Axl incansable y Slash tremendamente brutal. Una gozada", foi o seu veredicto despois dunha longa e intensa noite.