Eliminan un punto de vertedura de augas residuais no Porto de Beluso
Por Redacción
Augas de Galicia, organismo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, colaborou na eliminación durante esta semana un punto de vertedura de augas residuais que se detectou no porto de Beluso, no municipio de Bueu, dirixíndose cara á ría de Pontevedra.
Durante as inspeccións de rastrexo de puntos de vertedura inventariados polos técnicos do Programa de Control de Verteduras lograban identificar esta saída de augas residuais dando seguimento a unha denuncia que foi comunicada ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
O persoal da Xunta obtivo mostras nas instalacións portuarias que confirmaron a existencia da contaminación. Unha vez investigada comprobouse que procedía dunha deficiencia nun colector unitario, que discorre pola estrada Costa Figueirón e a rúa Praia de Beluso, finalizando na depuradora municipal de Beluso.
Augas de Galicia alertou ao Concello de Bueu. A empresa concesionaria do servizo municipal levou a cabo a inspección robotizada do colector unitario e localizaba o punto do que procedían as augas contaminadas que derivaban na ría.
Utilizouse un trazador hidrosoluble nas tubaxes de saneamento que permitiron resolver a vertedura, tal e como certificaron os técnicos da administración autonómica.