Intensifican as rozas no rural marinense para a tempada de verán
Por Redacción
O Concello de Marín segue traballando no calendario anual de desbroces, cumprindo prazos e executando os labores de mantemento para así ter un rural limpo e adecentado ao longo de todo o ano e de cara a tempada de verán.
Adiantou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que veñen de concluir os desbroces manuais na zona 2, que vai dende a Escola Naval ata Lapamán. Ao longo desta semana arrancarán os traballos na zona 3, entre Resille e o Sequelo.
A maiores, tal e como explicou o edil, “xa comezou traballar o tractor que contratamos todos os anos e que fará 76 quilómetros de estradas municipais en todas as parroquias”. A pretensión desta labor é poñer a punto todas estas pistas para así garantir a seguridade vial.
Relacionadas:
-
Última fase do plan anual de rozas en Marín
Por Redacción |
-
O vial que une Lapamán coa Coviña e Casás pasa a ser de dirección única
Por Redacción |
-
Marín dá a benvida ao verán co izado de Bandeiras Azuis e o inicio do servizo de socorrismo nas praias
Por Redacción |
-
Conclúen as obras de mellora do pavimento no camiño que une Resille e O Lameiro, en Marín
Por Redacción |
-
O camiño que une Resille e O Lameiro contará con novo firme
Por Redacción |
-
Marín xa prepara as súas praias para a Semana Santa
Por Redacción |