Marín dá a benvida ao verán co izado de Bandeiras Azuis e o inicio do servizo de socorrismo nas praias
Por Redacción
Marín deu este venres a benvida ao verán co izado das Bandeiras Azuis e co inicio do servizo de socorrismo.
A alcaldesa, María Ramallo, acudiu este mediodía ao areal de Portocelo para izar o distintivo que aporta a Adeac e que serve para demostrar o coidado que se ten polo litoral.
Ademais, co arranque da tempada estival tamén inician o traballo do servizo de socorrismo para garantir en todo momento a seguridade nos areais. Haberá 21 socorristas, 3 patróns e un coordinador do servizo, que estará activo ata a primeira semana de setembro. Os areais de Mogor e Aguete, por ser os que maior afluencia soportan, estarán máis reforzados.
Ademais, ao longo destes últimos días levaron a cabo un traballo integral de mantemento do vial e das praias, co desbroce da maleza tanto no propio vial coma nos accesos e coa limpeza da area. Asemade, están en funcionamento os baños.
Relacionadas:
-
A praia fluvial de Monte Porreiro e a de Ponte Sampaio contarán con servizo de socorristas até o 31 de agosto
Por Redacción |
-
Xornada de paddle surf este domingo en Marín coa celebración da Aguete SUP Race
Por Redacción |
-
Cheo absoluto nas praias nunha calorosa primeira fin de semana de verán
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
23 socorristas serán financiados pola Xunta en sete concellos da ría e da comarca
Por Redacción |
-
Rueda destaca a Galicia como destino turístico sustentable na entrega das bandeiras azuis
Por Anxo Lourido |
-
Rematada a senda peonil que fai máis seguro o acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Intensifican as rozas no rural marinense para a tempada de verán
Por Redacción |