Adxudicadas as obras para mellorar a mobilidade da contorna do colexio de Campañó
Por Natalia Puga
A empresa Covsa será a encargada de executar o novo proxecto que aspira a revolucionar a mobilidade da contorna do colexio Parada, en Campañó, acondicionando o espazo para facilitar o acceso do alumnado ao centro con máis seguridade.
A mesa de contratación, reunida o xoves pasado, decidiu adxudicar a esta empresa o proxecto, que mellorará a seguridade viaria e permitirá crear un núcleo de centralidade parroquial similar aos xa postos noutros puntos do rural pontevedrés.
A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, explicou que o proxecto foi adxudicado por 424.614,36 euros, unha cifra rebaixada con respecto ao orzamento base de adxudicación, de 476.000 euros.
A actuación terá un prazo de execución de catro meses e desde o Goberno local sinalan que esperan "comezar canto antes" co obxectivo de que estea finalizada e visada antes de final de ano.
Esta data de fin de 2023 é unha esixencia derivada do financiamento do proxecto polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) con cargo á Estratexia de Desenvolvemento Urbano e Sostible (EDUSI) 'Máis modelo Pontevedra'.
Relacionadas:
-
Técnicas de innovación educativa para analizar a seguridade viaria no CEIP de Parada-Campañó
Por Redacción |
-
Pontevedra suma 11 millóns máis ao orzamento municipal, que superará os 118 millóns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Revolución da mobilidade en Campañó, que sumará un núcleo de centralidade parroquial
Por Redacción |