A reforma do acceso á ponte do Burgo inclúe unha praza e redución de carrís de tráfico
Por Manu Otero
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Ferrnández Lores, presentou este venres o proxecto do goberno local para a reforma da cabeceira sur do Punte do Burgo. Unha obra valorada nuns 1,2 millóns de euros que inclúe a construción dunha gran praza de pedra con zonas verdes e arborado, unha pasarela transparente para observar os restos arqueolóxicos, a creación dunha plataforma única con preferencia peonil e a eliminación de dous dos catro carrís de tráfico actuais.
O rexedor explicou o obxectivo desta reforma é "aproximar o río á cidade e mellorar a calidade urbana" nun tramo moi transitado por peregrinos e cidadáns.
Poñer en valor os restos arqueolóxicos que actualmente poden contemplarse a través dun valado é outra das metas desta intervención. A muralla e o peirao do río quedarán á vista dos peóns a través dunha pasarela con pavimento transparente que atravesará a nova praza ata conectar coa ponte do Burgo, explicou Lores destacando que "será unha obra bonita" que reconciliará a Pontevedra coa súa historia medieval.
Ademais, o proxecto inclúe medidas de acougado de tráfico nunha zona moi transitada tanto por peóns como por vehículos. No cruzamento da Avenida de Uruguai co Puente do Burgo, o número de carrís de tráfico rodado pasará dos catro actuais, dous en cada sentido, a só dous, un en cada sentido. Ademais, seguirase o modelo doutras actuacións coa creación dunha plataforma única na que o peón terá prioridade.
Neste sentido, o alcalde declarou que se trata dunha demanda de mellora da seguridade viaria que os veciños do barrio do Burgo, que cada vez acoden máis á zona vella camiñando, veñen reclamando desde hai tempo.
Polo momento aínda non hai prazos concretos para a execución dunha obra que xa ten o anteproxecto redactado e que inclúe ademais a ampliación do parque infantil e servirá para ofrecer unha cara aínda máis amable para os usuarios dun Camiño Portugués cara a Compostela que non deixa de crecer e do que Pontevedra quere seguir presumiento de ser o seu capital
Relacionadas:
-
Iván Puentes: "Se encubrir a Costas é conseguir 25 millóns, vou encubrilo todo o que poida"
-
O Concello de Pontevedra leva conseguidos a metade dos 20 millóns de euros solicitados aos Next Generation
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Expertos en política urbana visitan Pontevedra para comprobar os investimentos de fondos europeos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As obras de Pontevedra chegan tarde a Google Maps
Por Manu Otero |