A reforma do Punto Limpo de Ribadumia custará 335.000 euros
Por Redacción
O Concello de Ribadumia investirá un total de 335.095 euros na reforma do Punto Limpo.
A financiación será a través de dúas vías, a primeira, polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e, a segunda, pola axuda a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas con fondos europeos.
O obxectivo destas actuacións é mellorar a organización e a capacidade de funcionamento desta instalación, pasando dunha superficie actual de 935 metros cadrados a unha de 1.448 metros cadrados, dispoñéndoa de diferentes alturas con peiraos para facilitar a descarga dos residuos nos contedores.
Por outra banda, disporase dunha zona cuberta para almacenar os residuos especiais depositados en pequenas cantidades, entre outras melloras.