Falece Benito Alberto Vázquez García, anterior xuíz de paz no Concello de Ribadumia
Por Redacción
Benito Alberto Vázquez García, máis coñecido como Benito do Carballal, falecía este xoves 27 de abril aos 95 anos de idade.
Foi concelleiro do Concello de Ribadumia e, posteriormente, xuíz de paz; labores que desenvolveu durante moitos anos con "perseveranza e eficacia", segundo informan desde o goberno local que sinala que era un home moi coñecido e querido por toda a veciñanza. Sempre que a saúde permitíallo aproveitaba para visitar con frecuencia aos seus antigos compañeiros de traballo no Concello de Ribadumia
Durante esta traxectoria profesional foi un dos promotores da constitución da Denominación de Orixe Rías Baixas na década dos anos 80, Cabaleiro do Albariño e tamén recibiu a Medalla de Galicia.
O velorio atópase no Tanatorio de Ribadumia, salga 1. Este venres 28 de abril, ás 17.45 horas recibirá as exequias previas na Igrexa Parroquial de San Andrés de Barrantes e, a continuación, os restos mortais serán trasladados ao cemiterio parroquial.