Guerra entre academias: a RAE prefire Sangenjo e a RAG lembra que a única forma oficial é Sanxenxo
Por Natalia Puga
A presenza do rei emérito, Juan Carlos I, en Sanxenxo e a expectación que fai que todos os medios de comunicación de España poñan o foco informativo nesta vila pontevedresa volve poñer b e a forma correcta de mencionar a localidade. Como xa sucedeu no pasado, aparecen persoas e medios que nomean a vila como 'Sangenjo' e tamén críticas e debates.
Este venres, as academias das linguas galega e española protagonizaron unha polémica ao defender cada institución unha opción como correcta e recomendable.
Así, durante a mañá deste venres, a Real Academia Española (RAE) respondeu por Twitter á pregunta dun usuario dicindo que en textos oficiais xerados pola Administración "es preceptivo utilizar el nombre vernáculo «Sanxenxo»" mentres que fóra deses usos, "lo indicado es emplear la forma tradicional «Sangenjo» al hablar o escribir en español".
A polémica non se fixo esperar e inmediatamente xurdiron defensores e detractores das recomendacións da RAE, e moitas persoas que lembraron á Academia a lexislación que só admite Sanxenxo. Así, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983), no seu artigo 10, establece: "os topónimos terán como única forma oficial a galega".
Poucas horas despois, e ante as reiteradas consultas dos medios de comunicación, a Real Academia Galega (RAE) quixo lembrar que é un topónimo galego e que Sanxenxo "é a única forma oficial recoñecida segundo a lexislación vixente".
A RAG, como institución con competencia sobre o idioma galego e o seu uso, "só recoñece esta forma" e lembra que as recomendacións do grupo de expertos en nomes xeográficos da Organización das Nacións Unidas (ONU) baséanse no respecto ás formas de cada topónimo na súa lingua orixinal.
Ademais, recomenda a lectura da tribuna sobre o topónimo Sanxenxo publicada no seu día na páxina web da RAG pola académica Luz Méndez, membro do Seminario de Onomástica da RAG e presidenta da Asociación Galega de Onomástica.
#RAEconsultas En textos oficiales generados por la Administración es preceptivo utilizar el nombre vernáculo «Sanxenxo». Fuera de estos usos, lo indicado es emplear la forma tradicional «Sangenjo» al hablar o escribir en español.
— RAE (@RAEinforma) April 21, 2023
Como xa temos comentado noutras ocasións, "Sanxenxo" é un topónimo galego e a única forma oficial recoñecida segundo a lexislación vixente. A RAG, como institución con competencia sobre o idioma galego e o seu uso, só recoñece esta forma.
— Real Academia Galega (@AcademiaGalega) April 21, 2023
Relacionadas:
-
A toponimia e a antroponimia no cancioneiro, temas da VIII Xornada de Onomástica Galega
Por Redacción |
-
TVE defende o uso do topónimo La Toja nun dos seus programas
Por Manu Otero |
-
Rajoy, sobre o emérito: "Non hai ningunha razón para que sempre que veña alguén se empeñe en montar o espectáculo"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
'Hablamos español' recolle firmas en Sanxenxo contra a imposición lingüística e insiste en chamarlle Sangenjo
Por Redacción |
-
A Deputación ve "escandaloso" que a RAE recomende o uso de "Sangenjo"
Por Alejandro Espiño |
-
Un libro de Rosalía, agasallo de Reis para que Rajoy "entenda" por que "un golpista" quedou sen rúa
Por Redacción |
-
Rajoy, fin de ano en Sanxenxo, con polémica en Twitter incorporada
Por Redacción |
-
Rajoy insiste en utilizar a expresión "Sangenjo" durante a entrega da placa do Mérito Deportivo ao Náutico
Por Redacción |