A Festa da Raia encherá de música e animación as rúas no "Portonovo gastronómico"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9ee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63fa2b6bcd-whatsapp-image-2023-02-25-at-15.51.37-1-.jpeg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/403/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643eb0972e-cartel-portonovo-gastronomico-2023.jpg)
© Concello de Sanxenxo
Entre o 29 de abril e o 1 de maio celebrarase o denominado "Portonovo gastronómico. Festa da Raia 2023" que se expón como un tributo á cociña e produto con selo portonovés.
Máis dunha vintena de locais participarán nunha festa na que música e a animación na rúa fundiranse coas propostas gastronómicas dos locais.
A rúa Rafael Picó e a Rúa dos Viños converteranse no epicentro de degustación dos distintos produtos do mar con máis de 40 tapas realizadas especialmente para a cita.
Ademais, unha exposición fotográfica, "Portonovo, vila mariñeira", cun total de 60 imaxes, dará a benvida á cita ao longo da avenida Rafael Picó. A mostra está asinada pola Asociación Ollares de Portonovo.
Nestas dúas rúas, está prevista un total de 15 actuacións durante os dous días e medio que dura a festa con charangas, ás que hai que sumar a animación con distintos espectáculos escénicos que dará á vila un ambiente festivo.
Para o sábado, 29 de abril, pola noite, está previsto na contorna portuaria o concerto de MITIC. Un grupo que canaliza a súa mensaxe a través da súa música e dunha coidada imaxe onde resalta o seu fío condutor cos seus máximos expoñentes: a gaita e os recordos que emanan de temas míticos e lendarios.
O domingo, 30 de abril, á animación diúrna sumarase pola noite tres concertos en distintos puntos de Portonovo: Rafael Picó, A Curva e Praza Méndez Núñez. Para incentivar o consumo nos establecementos repartiranse un total de 800 boletos para o sorteo de estancias en hoteis e spa no municipio entre os clientes que consuman nos locais participantes.
O broche a "Portonovo gastronómico. Festa da Raia 2023" poñerao a entrega da Raia de Ouro. O acto será o luns 1 de maio ás 12.30 horas na Casa Mariñeira de Portonovo.
Unha comitiva formada polos Gatiños de Portonovo e Lembranzas acompañarán ao homenaxeado e ao alcalde, xunto a membros da corporación municipal, desde a lonxa ata a casa mariñeira.
O cartel da festa está elaborado pola directora do Centro de Arte de Sanxenxo, María Vázquez, no que pode verse varias especies de mar e unha buguina, a modo de altofalante. A imaxe evoca a tradición mariñeira de Portonovo e o típico tapeo da vila.
Relacionadas:
-
Carmen Uhía Martínez recibe a Raia de Ouro con aclamacións
Por Redacción |
-
Música, diversión e sabor no Portonovo Gastronómico
Por Redacción |
-
Máis de 40 opcións culinarias diversas no inicio do Portonovo Gastronómico
Por Redacción |
-
Carmen Uhía Martínez, Raia de Ouro 2023 pola súa traxectoria vinculada á venda tradicional de peixe
Por Redacción |
-
O novo evento "Portonovo gastronómico" deixa atrás á Festa da Raia para potenciar o tapeo na vila
Por Redacción |
-
A Festa da Raia cambia a primavera polo outono e impulsa un novo formato
Por Redacción |